Tabla do século XV que representa a translatio, Museo Diocesano de Camerino, Italia. |
Cambados será este ano o punto de partida da XXXII conmemoración da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, máis coñecida como Traslatio.
Dous catamaráns partirán o sábado 23 de xullo ás 16.15 horas do porto de Tragove, tras un acto institucional presidido pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e o Presidente da Ruta Xacobea por mar, Javier Sánchez-Agostiño.
A ruta realizará o remonte por mar ata Padrón para que os asistentes visiten o "Pedrón" onde foi amarrada a barca cos restos do Apóstolo Santiago e posteriormente regresarán a Cambados.
O acto institucional de saída está aberto ao público en xeral e a participación na Ruta require unha previa inscrición gratuíta a través da Oficina de Turismo de Cambados cun límite de aforamento total de 100 persoas aproximadamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.