Protección Civil Cambados |
Esta mañán no polígono industrial do Salnés un operario resultou ferido grave nunha empresa conserveira do polígono de Sete Pías. O ferido de 34 anos, sufriu a amputación de dous dedos da man dereita, segundo os equipos de emerxencias que acudiron ao lugar dos feitos.
O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés para a súa avaliación , dada á gravidade das feridas.
Non se descartaba que fora derivado a outro centro especializado.
Ao lugar do sinistro acudiron efectivos de Protección Civil de Cambados e da Garda Civil que investiga o sucedido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.