TELÉFONOS DE INTERESE

14 de junio de 2016

UN OPERARIO FERIDO NUNHA CONSERVEIRA DE CAMBADOS







Protección Civil Cambados


Un traballador dunha conserveira de Cambados perde dous dedos.

Esta mañán no polígono industrial do Salnés un operario resultou ferido grave nunha empresa conserveira do polígono de Sete Pías. O ferido de 34 anos, sufriu a amputación de dous dedos da man dereita, segundo os equipos de emerxencias que acudiron ao lugar dos feitos.

O ferido foi trasladado ao Hospital do Salnés para a súa avaliación , dada á gravidade das feridas. 
Non se descartaba que fora derivado a outro centro especializado.
Ao lugar do sinistro acudiron efectivos de Protección Civil de Cambados e da Garda Civil que investiga o sucedido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.