Ángel Sánchez Rebollido (W52-FC Porto) gañou o domingo, en solitario, o Memorial Bruno Neves, terceira proba da Copa de Portugal elite e disputado en 143 quilómetros entre Oliveira de Azeméis e Nogueira do Cravo.
O cambadés tamén liderou a clasificación dos Sprints.
A crónica dos 143 quilómetros da carreira deste domingo foi escrita por un trio de escapados, Ángel Sánchez, João Matias (Supermercados Froiz) e Tiago Ferreira (Liberty Seguros/Carglass). O galego decidiu cando quería atacar, illouse e venceu en solitario, tornándose o sexto corredor da W52-FC O Porto en erguer os brazos en 2016.

Os compañeiros de fuga do galego acabaron mesmo alcanzados, coa segunda posición para António Barbio (Efapel), que chegou a 2´56s do vencedor. Joaquim Silva (W52-FC O Porto) fechou o pódio, a 2´59s do cambadés e compañeiro de equipo.
A W52-FC O Porto gañou por equipos, Ángel Sánchez conquistou a clasificación dos sprints.
A Copa de Portugal termina cunha xornada dobre, os días 13 e 14 de agosto, datas en que van realizarse, respetivamente, o gran Premio de Mortágua e o gran Premio Anicolor.
Aquí tedes un resumo en vídeo da carreira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.