Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de junio de 2016

DOUS XUÍCIOS EN PONTEVEDRA POR DROGAS






Un home foi condenado este xoves a dous anos de prisión como presunto autor dun delito contra a saúde pública tras recoñecer que no ano 2015 entregou droga a cambio dun robot de cociña a un mozo con discapacidade de Cambados. 
O fiscal pedía inicialmente que fose condenado a seis anos de prision e o pago dunha multa de 80 euros, ao considerarse que o delito tiña maior gravidade porque proporcionara droga a unha persoa con discapacidade písquica. Se embargo, este xoves o acusado, E.S.B., sentou no banco dos acusados da Sección Cuarta da Audiencia de Pontevedra e saíu condenado coa súa conformidade a unha pena inferior ao considerar o fiscal que non quedou acreditado que o procesado soubese que o seu comprador tiña esa discapacidade. 
Ao non considerarse acreditado que el soubese que estaba a fornecer droga a unha persoa cunha limitación importante das súas facultades psíquicas, cognitivas e volitivas, a pena reduciuse a dous anos de prisión e o pago dunha multa de 20 euros

PRISIÓN POR TRAPICHEAR 
Tamén sentou no banco dos acusados como autor dun delito cotra a saúde pública outra individuo acusado de portar sustancias estupefacientes coa intención de vendelas nas inmediacións dunha discoteca de Cambados. 
O home conformouse cun ano e medio de prisión e o pago dunha multa tras chegar a un acordo de conformidade co fiscal, Pablo Varela. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.