Fontes moi de fiar fíxéronnos chegar unha información que pode facer "tambalear" os cimentos dunha das formacións que integran o goberno cuatripartito de Cambados.
Segundo estas fontes o partido liderado por José Ramón Abal, está nestes intres baixo mínimos. Non hai contacto entre os compoñentes de lista que acadou un concelleiro na corporación cambadesa hai 13 meses.
O líder da formación independente prometera reunións entre os membros da candidatura cada certo tempo e desde que se celebraron al eleccións as reunións celebradas son inexistentes. Membros destacados da candidatura presentaron a súa dimisión, entre eses membros atópase a número dous do partido, deixando a Cambados Pode como unha pantasma.

Cambados Pode naceu como un partido independiente, pero as vinculacións de Abal co PP sembraron as dúbidas. Sua irmán fora concelleira co PP e o seu pai creara outro partido independiente hai uns anos que acabou por naufragar, volvendo á casa "popular".

E máis recentemente está demandado polos familiares de un blogger (a demanda foi posta inicialmente polo blogger e tras falecer foi a súa familia quen continuou co proceso) por unhas acusacións publicadas no facebook de Cambados Pode contra ese blogger.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.