Mañá as 18h realizarase unha nova Xornada de Compostaxe Doméstica no salón de actos de Exposalnés.
Nesta xornada daranse indicación aos usuarios de como realizar o proceso e entregaráselles un composteiro , dando continuidade así a campaña de Compostaxe doméstica que dou comezo no 2015.
Cabe lembrar que o pasado 17 de decembro Cambados deu un paso adiante na xestión dos residuos adheríndose ao Programa de Compostaxe Doméstica, onde un técnico da empresa adxudicataria por SOGAMA explicou como montar o composteiro e impartiu unha charla formativa dando algúns consellos e resolvendo as dúbidas que xurdiron.
Entregáronse 25 composteiros dos cales, 7 foron para os colexios do municipio e 18 para vivendas unifamiliares con horta ou xardín.
A compostaxe permite tratar os residuos orgánicos para convertelos en abono ecolóxico sen necesidade de usar o contedor verde. O que se lle chamaba “cañeira” ou “esterqueira”, agora chámaselle composteiro porque é máis hixiénico. Si se seguen os consellos que deu o técnico na charla formativa non da cheiros, non hai moisquiñas nin roedores. O que si ten que haber son miñocas e vermes que son os encargados de transformar a materia orgánica en abono.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.