Xa podes consultar as bases que rexiran a convocatoria de axudas a entidades sociais sen fins lucrativos.
As presentes bases publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e con posterioridade remitiráselle a convocatoria á Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), que será a que lle dea traslado ao BOPPO do seu extracto.
As entidades interesadas poderán solicita-las subvencións no prazo de trinta días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO.
As bases teñen por obxecto establece-los criterios e o procedemento para concede-las subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal, ou que, en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais dos veciños do municipio de Cambados.
A finalidade desta convocatoria é promover, fomentar e apoiar as asociacións, entidades e clubs deportivos na realización de actividades culturais, deportivas, asociativas, sociais, asistencias e educativas durante o ano 2016.
Estas axudas divídense en varias modalidades e cada unha dela ten consignada unha cantidade de euros, que aumenta respecto do ano anterior en 4.000 euros. que agora detallamos.
Entidades benéfico-asistenciais 40.000,00 €
Actividades complementarias de educación 5.100,00 €
Entidades culturais 5.700,00 €
Ocio e tempo libre 6.200,00 €
Festas populares 3.000,00 €
Entidades deportivas 70.000,00 €
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.