Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
16 de junio de 2016
"CAMBADOS PODE" AO BORDE DO PRECIPICIO
Fontes moi de fiar fíxéronnos chegar unha información que pode facer "tambalear" os cimentos dunha das formacións que integran o goberno cuatripartito de Cambados.
Segundo estas fontes o partido liderado por José Ramón Abal, está nestes intres baixo mínimos. Non hai contacto entre os compoñentes de lista que acadou un concelleiro na corporación cambadesa hai 13 meses.
O líder da formación independente prometera reunións entre os membros da candidatura cada certo tempo e desde que se celebraron al eleccións as reunións celebradas son inexistentes. Membros destacados da candidatura presentaron a súa dimisión, entre eses membros atópase a número dous do partido, deixando a Cambados Pode como unha pantasma.
Cambados Pode naceu como un partido independiente, pero as vinculacións de Abal co PP sembraron as dúbidas. Sua irmán fora concelleira co PP e o seu pai creara outro partido independiente hai uns anos que acabou por naufragar, volvendo á casa "popular".
Desde o seu nacemento o seu líder pasou polo xulgados polo caso da fuga dun control policial, e que destapou en exclusiva este blog, por aqueles feitos José Ramón Abal foi condenado a pagar 180 euros de multa (por estar no paro, neses intres), a metade do que pedía o fiscal, por unha falta de desobediencia. Ademais, tivo que pagar as costas.
E máis recentemente está demandado polos familiares de un blogger (a demanda foi posta inicialmente polo blogger e tras falecer foi a súa familia quen continuou co proceso) por unhas acusacións publicadas no facebook de Cambados Pode contra ese blogger.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.