As operadoras de telefonía móbil van reforzar a cobertura durante as Festas do Albariño.
Así llo trasladaron as empresas de telefonía ao Concelleiro de Economia e Facenda de Cambados, Xurxo Charlín, tras varias reunións mantidas coas distintas operadoras.
O Concello de Cambados chegou a un acordo con Telefónica-Movistar, Orange e Vodafone, esta ultima operadora das comunicacións do Consistorio, para mellorar a cobertura de Cambados coa instalación de dúas antenas provisionais, e o reforzo da antena provisional instalada no illote das Goritas da compañía Vodafone.
Ata agora neses días de gran afluencia de xente en Cambados eran numerosas as queixas dos veciños e visitantes polo servicio que dispensaban as compañías de telefonía móbil. E sempre se escoitaba a mesma desculpa ..... "é cousa das compañías". Co sinxelo que é negociar con elas e conseguir un mellor servizo para os veciños totalmente gratis.
Segundo explica o edil, isto permitirá que a cobertura dos terminais mellore de forma notable durante as Festas do Albariño, datas nas que se produce unha gran concentración de veciños e visitantes.
Desta forma, dáse resposta a unha demanda de moitos veciños e comerciantes para poder comunicarse cos seus amigos, familiares e clientes durante o festexo, sen problemas de sombras na comunicación e mellórase a comunicación entre o persoal municipal e efectivos de seguridade.

As antenas van ser instaladas no peirao de Tragove, lugar xa cedido ao concello por Portos de Galicia para instalar as caravanas dos feirantes e o estacionamento dos adegueiros durante os festexos.
En concreto, vanse ubicar dúas antenas móbiles na zona do peirao de Tragove das compañías Telefónica-Movistar e Orange, e vaise reforzar a antena provisional da compañía Vodafone xa instalada no illote das Goritas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.