Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de mayo de 2016

UNHA PRATA E DOUS BRONCES COLLEITA DO VITAL SPORT NO CAMP. GALEGO ESCOLAR








O pasado sábado día 28 de maio, celebrouse na localidade Coruñesa de Noia a fase final do Campionato Galego Escolar de Taekwondo, na modalidade de Combate, na que participaron un total de 260 competidores de toda Galicia, e para o que o Club Vital Sport Cambados e o seu asociado, o Club Gym Vital de Caldas de Reis, conseguiran clasificar a cinco competidores, aínda que, un deles, Pablo Domínguez, non puido presentarse á competición por continuar aínda convalecente da lesión que sufrira ao romper un óso dunha man durante un dos combates que disputou na fase Provincial, e a pesar do cal se proclamou igualmente medallista, conseguindo a súa clasificación para o autonómico.

O resto de competidores conseguiron un estupendo resultado ao facerse con tres postos de podio, Pablo García Padín conseguiu a medalla de Prata na categoría masculina Infantil Pesado, Teo Rodríguez Fernández, medalla de bronce na categoría Masculina Infantil Lixeiro e Alba Oubiña Búa, tamén unha medalla de Bronce, na categoría Feminina Infantil Superligero. Preto de conseguir un metal quedou tamén Roi Rodríguez Fernández o cal fixo un moi bo Campionato. A súa adestradora Noelia Gómez mostrouse moi satisfeita cos resultados obtidos, e indicou que continuarían coa liña de traballo e adestramentos para mellorar resultados para próximas competicións, e tamén ir presentando a máis deportistas de Club que se preparan para debutar e competir na modalidade de Combate.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.