Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2016

REPARADO O PÓRTICO DE ENTRADA NO PASEO DA CALZADA







Varios operarios comezaron a reparar en Cambados o pórtico que derrubou un camión. O vehículo levaba vigas para unha batea e tombou a estrutura nunha manobra. A columna quedou a poucos metros dun quiosco lindeiro.

O pórtico de entrada no Paseo da Calzada en Cambados leva anos soportando o paso do tempo e dos peóns. Pero bastaron uns segundos para que un camión que circulaba pola zona case o botara abaixo, cando facía unha manobra na rotonda.

As vigas que levaba o camión bateron contra o soportal, que malia estar apuntalado nun bloque de pedra, acabou medio derrubado, e a poucos metros do quiosco de prensa. Os encargados do local libraron do susto por pouco, xa que o suceso aconteceu cando estaban a xantar.

No lugar presentouse ao momento a Policía Local que se encargou de sinalizar a zona para evitar que se producisen danos entre os peóns ata que o arranxaran.


Aínda que a estrutura afectada está en terreo de Portos de Galicia, o concello de Cambados procedeu á súa reparación inmediata para evitar problemas de seguridade entre os peóns. Varios operarios deixaban xa colocado e reforzado o pórtico estragado.



Ao parecer o transporte carecía da necesaria licenza da DXT para vehículos especiais para circular por este tramo e ruta concretas, xa que o destino autorizado non era Cambados.










No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.