Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de mayo de 2016

ESTE SÁBADO CELEBRA NA PLAZA DE CAMBADOS O DIA DO MERCADO











Preto de 40 prazas de abastos da provincia de Pontevedra celebran este sábado día 28 de maio o Día dos Mercados, no marco da campaña internacional Quere o teu mercado (Love Your Local Market) que en Galicia impulsa a Xunta en colaboración co sector e os concellos.
A provincia de Pontevedra está a ser a máis activa nunha iniciativa que chega na súa edición a preto de 90 mercados de toda a comunidade. Ao longo das últimas semanas lévanse realizado actividades nos diferentes mercados que culminarán pasado mañá cunha celebración coa que se pon o foco na calidade e a profesionalidade das prazas galegas e o seu papel como motor do comercio de proximidade.
Entre as distintas actividades que se están a celebrar por toda Galicia inclúense degustacións gastronómicas, actuacións musicais e teatrais, charlas informativas e iniciativas nas redes sociais, ou sorteo de agasallos, entre outros.
Ademais vense de activar unha nova app móbil, impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da cal os usuarios poden acceder de forma rápida a información sobre os mercados, prazas de abastos ou feiras tradicionais máis próximas, que se poden buscar nun xeolocalizador.
Campaña internacional

Quere o teu mercado (Love Your Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong, Estados Unidos e Canadá. A iniciativa leva nesta edición a nivel internacional o lema Mercados, a túa opción saudable!, facendo fincapé sobre a contribución das prazas de abastos tanto a unha alimentación equilibrada como á creación de riqueza e emprego.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.