Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de mayo de 2016

CAMBADOS REDUCE A DÉBEDA EN CASE UN 19% CON 400.000€ MENOS EN 2015.











Cambados reduce a débeda  por habitante case un 19% no ano 2015 .
O Concello de Cambados manten unha débeda  total de 2.046.000,00€, cos bancos o que fai que escale 30 postos a nivel estatal con respecto o ano 2014 e case 400.000 euros menos.

Os datos facilitados polo Ministerio de Facenda, amosan que Cambados é o terceiro concello da comarca do Salnés que reduciu en maior porcentaxe a débeda viva por habitante, so superado por A Illa de Arousa e Meis.
As cifras, recollidos pola Concellería de Economía de Cambados, desvelan que a nosa vila pasou de 181,73 € por habitante no 2014 a 147,25 € no exercicio 2015.
Cambados mantense no posto 19º da provincia de Pontevedra dos municipios con maior débeda viva. Unha lista na que, Vilagarcía ocupa o 3º posto, Sanxenxo o 5º e Vilanova de Arousa o 7º.
Outros dous concellos da comarca, Ribadumia e Meaño non presentan débeda algunha con entidades de crédito a final do ano 2015.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.