A Comisión Organizadora da XLIV Festa do Viño tinto do Salnés, composta polo Concello e un grupo de veciños e colleiteiros, estiveron traballando nas últimas semanas para ultimar a programación da que será a 44ª Edición da FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS, que terá lugar na primeira fin de semana de xuño, entre o venres 3 e o domingo, día 5.
A Festa do Tinto é un evento consolidado dende fai moitos anos grazas ás persoas que mantiveron viva a tradición do “Viño Barrantes”. Esta tradición é a que quérese apoiar desde a Comisión Organizadora, polo que, inda que no esencial vaise manter a estrutura e organización da festa de anos anteriores, non obstante voltar a poñer en primeiro plano ós auténticos protagonistas da festa: os viticultores e os adegueiros, que seguen a manter viva a antiga tradición da elaboración do viño tinto, converténdoa incluso nun xeito de ser e de vivir, era unha premisa. A festa é de todos os veciños e é importante que se sintan parte da mesma. Finalmente a festa tamén quere servir de escaparate de Ribadumia, do seu potencial turístico e etnogastronómico.
Presentación da Festa |
Pensando neses obxectivos confeccionaron un completo e variado programa, ampliando o abano de actividades ó redor da festa, non limitándoa unicamente á verbena nocturna, de tal xeito que haberá actuacións e actividades prácticamente a todas horas durante os tres días, dende a mañá ata a madrugada. Unha programación variada e dirixida a diferentes ámbitos e para todos os gustos.
Precisamente nesa idea de centrar a festa nos viticultores, destaca en primeiro lugar a aposta por animar a carpa de exposición e venta de viños para convertela, xunto co xantar de confraternidade e a cata, nun dos epicentros da festa. Así están previstas na carpa de stands actuacións de grupos de “CANTOS DE TABERNA” durante os tres días de festa, un Show-cooking en directo a cargo do chef Rubén González e o domingo unha “sesión Vermouth” a cargo do GRUPO AZABACHE.
A organización tamén quixo pensar nos mozos, polo que o venres noite terá lugar a “FESTA KIOTO”, da emisora de FM do mesmo nome, con DJs e GO-GOs ata altas horas da noite.
Había anos que os grupos locais viñan demandando un espazo na Festa do Tinto do Salnés, sen que se tiveran en conta. Este ano, o sábado actuarán os grupos OUTRO CARALLO, KILLING FLOOR, FORA DE SERVICIO e NOITE FECHADA.
Os máis pequenos tamén terán actividades: o sábado terá lugar a xa tradicional FESTA DA ESCUMA, este ano coa novidade de que a escuma será de cores, un plus que fará a ledicia dos mais pequechos, e para o domingo , na praza do Concello, instalaranse XOGOS POPULARES E ANIMACIÓN DE RÚA durante toda a maña e a tarde. Xa para finalizar o domingo está prevista unha exhibición de actividades extraescolares realizadas nos centros educativos e no Concello durante este ano escolar.
Tampouco faltarán as verbenas. Para o venres está prevista a actuación de CHARLESTON BIG BAND E LEDICIA, o sábado será o turno da ORQUESTRA ROYAL DE GALICIA e o grupo TANGO. O domingo a actuación da ORQUESTRA LA FÓRMULA.
A destacar tamén o domingo a actuación estelar de ANTONIO SEIJO & GRUPO SKYLIGHT. Antonio Seijo é profesor de violín, ex_compoñente do grupo Milladoiro, e colaborador de bandas de grandes artistas como Bonnie Tayler, Tom Jones ou Julio Iglesias. Na actualidade, xunto co seu grupo están promocionando o espectáculo TRIBUTO AL POP, que será o que fagan en Ribadumia, con versións de temas de grupos rock e pop, dende Bon Jovi a Gloria Gaynor. Este espectáculo está tendo unha grande aceptación de público en todos os sitios onde actúa.
A todo isto hai que sumarlle durane os tres días da festa actuacións pola rúa das bandas de música, do Grupo de Batucada OLODUM DO COIO, do grupo de baile e rondalla da Asociación O Castro de Baión e da Charanga “OS ROUBABICOS”.
En definitiva, a idea é homenaxear como se merecen a todos os viticultores que fan posible a celebración e a todos os veciños e visitantes que queren desfrutar da festa do Viño Tinto e converter a Barrantes – Ribadumia no epicentro festivo e cultural de todo o Salnés durante a primeira fin de semana de xuño, marcando o inicio da “tempada” de verán.
O Concurso de Camisetas e a Andaina Solidaria son outros puntos de interes na Festa.
Dende a organización agradecen a colaboración de todas as empresas patrocinadoras e colaboradoras e dar as gracias tamén a todos os viticultores e adegueiros que participan da festa e van presentar viño para as catas. Sen uns e sen os outros non sería posible facer a festa.
A Festa do viño tinto do Salnés sube á nube.
Para a Comisión Organizadora, a imaxe da Festa é moi importante, polo que ademais de darlle un novo aire a imaxe publicitaria da Festa, unificando criterios e cores corporativas sen deixar de lado cuestións como os tradicionais carteis, elaborados como sempre por Noya, fixose unha aposta inportante polas redes sociais. Neste senso, durante a presentación da festa, fixose a posta de largo a web tintobarrantes.com,
twitter : https://twitter.com/tinto_barrantes , onde podes comentar e subir fotos; especialmente co marcador #festadotinto2016
Instagram. https://www.instagram.com/tintobarrantes/
Outros artigos:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.