Esta mañán as #mulleresdocerco desprazáronse a Santiago para recoller o Premio de Igualdade otorgado polo PSdG-PSOE da Coruña recoñecendo a loita das mulleres no Conflito do Cerco que padecemos en Galicia pola administración de esta Xunta de Galicia ineficaz.
O acto terá lugar esta tarde as 19 h no Centro Cultural de Fontiñas

A cambadesa Rosamary Somoza foi unha das encargadas de coller o premio como unha das cabezas visibles deste grupo de loitadoras.
Tamén vos lembramos que quedan dous dias para apuntarse á Peregrinación Ruta da Ría de Arosa do Camino de Santiago, dos días 13, 14 e 15 de Maio.
O motivo desta peregrinación é a de rogar ao santo Compostelán que lles abra os ollos e o corazón a este goberno que os deixou á súa sorte nunha loita, na cal, só piden poder traballar para sustentar ás súas familias.....e tamén para agradecer os apoios recibidos.
Consiste en seguir o mesmo traxecto que fixaron os restos do Apóstol na súa viaxe a Compostela, restos que chegaron as costas galegas entrando polo mar de Arousa e despois subindo polo cauce do río Ulla ata alcanzar Santiago de Compostela.
1°ETAPA~~PONTEVEDRA-ARMENTEIRA. (19,65 Km)
Saída de Pontevedra hacia Armenteira pola ruta real do Padre Sarmiento, seguido por Compañó, Mosteiro de Poio, Combarro, Virxen da Renda, Petróglifos do Monte Castrove en Meis e finalizando en Armenteira, no monasteiro.

Dende Armenteira ata Vilanova de Arousa, pola Ruta da Pedra e a auga, Muíños de Barrantes, Sendeiro do Umia de Ribadumia a Pontearnelas, Oubiña, Tremoedo, O Terrón e chegada a Vilanova de Arousa.
3°ETAPA~~VILANOVA DE AROUSA-SANTIAGO DE COMPOSTELA. (15 millas naúticas e 26 km a pé)
Comenzarase co percorrido polo Ulla, como fixeran os restos do Apóstol. A continuación camiñando os 26 km que separan Pontecesures onde se desembarcará, ata Santiago de Compostela, uníndo neste último traxecto co Camiño Portugués.
Lembrade!!
Para informacion da ruta en Cambados poden ir o Concello e no teléfono
673533156 para inscricipción o información 8,30h a 14h desde o martes 19
de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.