Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de marzo de 2016

O PARO BAIXA LIXEIRAMENTE EN CAMBADOS NO MES DE FEBREIRO










Febreiro non é un bo mes para as cifras de desemprego. Un total de 47 persoas deixaron ás listas do paro en Cambados, segundo desvelou este mércores a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Con estes datos, o número de desempregados na vila ascende a 1.476  persoas, como decíamos 47 menos que o mes anterior.
Marín, O Grove e Cambados son os concellos que tiveron un mellor comportamento en febreiro no total dazona norte da provincia.
O mes de febreiro pechou cun lixeiro descenso nas cifras de desemprego no total da provincia de Pontevedra. No último mes, 517 pontevedreses atoparon un posto de traballo e abandonaron as listas do paro, segundo desvelou este mércores o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.
Así, 94.155 persoas seguen buscando un posto de traballo na provincia, un 0,54% menos que o mes pasado.
    Datos das comarcas de Pontevedra, Caldas e O Salnés 
Info: Pontevedra Viva



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.