Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de marzo de 2016

CONVOCATORIA DO PLENO DESTE VINDEIRO XOVES









O xoves 31 de marzo, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte

Na Orde do dia figuran os seguintes puntos:
Os puntos 1, 2, 3  serán os referentes a aprobar a acta da sesión ordinaria celebrada o 25 de febreiro de 2016, o regulamento de participación cidadá do Concello e o regulamento de funcionamento do punto limpo do Concello ubicado no Polígono de Sete Pías.

No punto 4 tratarase a incorporación, do Concello de Cambados no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, do que dependerá o polémico Centro de Dia, para o que a xunta consignou nos Orzamentos de Galicia do 2016 a ridícula cantidade de 13 euros
No punto 5 votarase a adhesión do noso Concello ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
No 6 e 7 tratarase os acordos do grupo de  goberno para declarar Cambados vila libre de circos con animais e o dereito internacional de asilo.
Os puntos 8 e 9 son duas mocións do grupo municipal do Partido Popular sobre seguros municipais e o referente ao peche da Praza de Fefiñáns.

No 10 darase conta da aprobación da liquidación do orzamento do exercicio 2015.
O 11 dar conta das resolucións da alcaldía.
E o 12 e derradeiro queda para os rogos e preguntas.


Lembrade que a sesión plenaria será emitida en directo a través da canle en youtube, con enlace na páxina web do Concello.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.