Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2016

O PARO AUMENTA NO MES DE XANEIRO








O paro sobe en 7.639 persoas en xaneiro en Galicia

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 7.639 persoas en xaneiro en Galicia en relación ao mes anterior, o que supón un incremento do 3,34%, case dous puntos por encima da media (+1,4%), ata situar o total en 236.447.    

En termos relativos, ese 3,34% de aumento foi o terceiro maior por comunidades autónomas, só superado polo de Navarra (+4,57%) e o de Cantabria (+3,82%).    Con todo, en evolución interanual, respecto das cifras de xaneiro de 2015, os desempregados galegos baixaron en 22.555, dato que representa un descenso do 8,71%, de acordo coa información que publica este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social.    No conxunto estatal, o paro repuntó en 57.247 persoas en xaneiro en comparación con decembro, un 1,4%; pero diminuíu en 374.936 nun ano (-8,28%) e o total de desempregados alcanzou os 4.150.755.    

Por provincias, todas en Galicia experimentaron crecementos do desemprego, o maior deles o de Pontevedra (+4,08%), que contabilizou 3.710 parados máis, ata 94.672.


Polo que respecta ao Salnés todos os concellos anotaron un aumento nas listas do Servizo de Emprego, sendo Vilagarcía de Arousa, con 137 parados máis, o concello con peores datos.
Séguenlle o concello de A Illa de Arousa, que rexistrou unha subida de 91 persoas sen emprego, e Sanxenxo con 57.
En Cambados o paro crece con 47 desempregados máis, en Vilanova con 31, Meis con 25, Ribadumia con 22, O Grove con 10 e Meaño con 4 parados máis.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.