CARTA ABERTA O SR. LUIS ARAGUNDE
En primeiro lugar, quero presentarme: Eu son o funcionario do concello de Cambados do que vostede falou hai uns días nos xornais , onde dixo na súa nota de prensa, que son o secretario e o chófer da alcaldesa. E , cando digo
nota de prensa, penso que xa estou sendo xeneroso de abondo, en verdade
Aragunde "falabarato" http://camba2.blogspot.com.es/ |
Fala vostede, que estas tarefas as fago porque a alcaldesa non posúe carné de conducir. Si vostede, que ten tempo libre de abondo, se mergullase un pouco polas redes sociais, seguro que se sorprendería. Mais, non é a miña intención falar do carné de ninguén, entre outras cousas, porque non me interesa en absoluto, non é ese o tema.
O asunto que me trouxo até aquí e outro ben distinto. Mire: Nos xornais ironiza vostede sobre a posiblidade de un presunto pago de favor a un funcionario. E, o mais sorprendente, é que o dí como si fora fumar un pitillo. E, por riba, o fai como voceiro de un grupo político Manda truco!
Penso que debería vostede explicar este asunto: Que clase de favor é ese? Quen paga o favor? Quen o recibe? En que consiste? Agradeceríalle que falara ben claro e sin reviravoltas, pois esta en xogo a miña reputación coma funcionario e, simultáneamente, tamén a de vostede . Ou non se decata? A ver si estos favores dos que fala, han ser coma o carné de conducir de Fátima Abal, quen , según vostede, non o posúe.
A verdade é que esperaba un pouco mais de vostede , Sr. Aragunde ; cando menos, un pouco mais de altura de miras; un pouco mais de rigor pola súa parte; algo mais de respeto polo personal que traballa nesta Casa. Acaso pensa vostede que está en poder da verdade absoluta, e pode falar a eito? Seica, en nome da superstición política, se pretende levar o matadoiro a dignidade humana? Ou será que tivo vostede un designio divino …?
Mire: Todo esto, llo di un funcionario, un traballador do concello que , despois de trinta anos de traballo continuado e, debido a unha eiva física, fun examinado por un tribunal médico , o cal emitiu un dictamen que é vinculante para a administración pública, e tamén concluínte. Lóxicamente non hei entrar no contido por ser cousas conficenciales, mais por este motivo estou a realizar tarefas de tipo administrativo, non de chófer nin outras paxaradas como vostede asegura. Asi que, despòis da aclaración, lle rogaría que, antes de facer evaluacións preconcebidas sin ningún tipo de argumento , antes de empregar a demagoxia e a propaganda, antes de enarbolar a bandeira da suprema sabiduría e falar barato; en definitiva, antes de opinar nos medios sobre a situación laboral de un empregado, primeiro, infórmese; despois, opine. Ainda que, visto o visto, de vostede xa non me sorprende nada, Sr. Aragunde. As súas historias son paverísimas desde logo e, si lle digo a verdade, penso que, quizais, algún xa ten tema para o entroido. E, senón, tempo o tempo…
Reciba un saúdo.
Antonio Padin . Funcionario e representante da U.X.T. no Concello de Cambados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.