Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de febrero de 2016

CAMBADOS RECIBE MÁIS DE 46.000 € PARA CAMIÑOS RURAIS MUNICIPAIS







O director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá na Delegación Territorial o Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias 2016 para a provincia de Pontevedra, cuxo investimento ascende a algo máis de 3,8 millóns de euros.
Con estas achegas, os concellos disporán dun orzamento necesario para o arranxo de infraestruturas viarias, facilitando a mobilidade da poboación rural. 
O obxectivo xenérico a alcanzar con esta medida é ampliar, mellorar ou manter os camiños de titularidade municipal que faciliten o acceso, cando menos, a unha parcela integrante dunha explotación agraria.
Antonio Crespo explicou que este plan disporá de 20 millóns de euros para toda Galicia, dos cales o 75% corresponde a fondos FEADER do novo período de programación 2014-2020, o 17,5% a fondos propios da Xunta e o 7,5% restante do Ministerio.
Neste enlace indícase a cantidade prevista para cada un dos concellos da provincia de Pontevedra, segundo os criterios consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.