Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

23 de febrero de 2016

A XUNTA RETIRA A LEI DE ACUICULTURA








A conselleira do Mar, Rosa Quintana, dixo no 'Bos Días' da TVG que é a eliminación ao completo. Para o vindeiro sábado hai convocada unha protesta do sector.

O Goberno galego retira a nova Lei de acuicultura. Rosa Quintana acaba de facer o anuncio  na entrevista do 'Bos días'. Un anuncio que chega uns días antes da manifestación que confrarías e bateeiros teñen convocada en Santiago para este próximo sábado en contra desta lei da Consellería do Mar. Os distintos sectores criticaban que se apostaba pola piscicultura intensiva e que se favorecía a chegada das multinacionais que, ao seu xuízo, acabarían co método tradicional de traballo nas rías. A lei está retirada. Falta ver agora a reacción do sector.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.