Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de enero de 2016

NOVEDADES NO ENTROIDO CAMBADÉS








A Concellería de Cultura do Concello de Cambados está a ultimar o programa e as bases do vindeiro Entroido 2016.
Con respecto ás propostas deste ano, volverá a contarse con actividades xa tradicionais como o Concurso de Carrozas ou de Disfraces, así como o de filloas. Pero tamén  adianta que haberá varias novidades que de seguro farán do Entroido cambadés unha cita ineludible para os veciños e veciñas non só da vila, senón de toda a comarca.
En concreto xa avanzou que este ano preténdese contar cos cambadeses e cambadesas que o desexen, para participar como membros do xurado.  Todas aquelas persoas maiores de idade que estean interesadas poderán inscribirse a partir de hoxe mesmo na biblioteca municipal Luís Rei. Con todos/as os inscritos farase unha selección tendo en conta as súas preferencias en canto a día e actividade, e contactarase posteriormente para establecer diferentes xurados integrados por 5 membros.

Nos vindeiros días Victor Caamaño agarda ter todo organizado para poder presentar o programa públicamente, que pretende ser unha proposta lúdica e cunha marcada pegada dos Entroidos cambadeses de antano.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.