Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de enero de 2016

APROBACIÓN DEFINITIVA ORZAMENTO 2016 DA MANCOMUNIDADE DO SALNÉS








No dia de hoxe, mércores 20 de xaneiro  o BOOPO publica o orzamento definitivo dos presupostos da Mancomunidade do Salnés, de conformidade co disposto no artigo 169.3 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, para coñecemento e efectos.


A Xunta da Mancomunidade, en sesión celebrada o 18 de decembro de 2015, acordou a aprobación inicial do Orzamento e cadro de persoal desta Mancomunidade para o exercicio 2016. Por non presentarse reclamacións durante o período de exposición pública, considérase definitivamente aprobado ao elevarse a definitivo o acordo de aprobación inicial, conforme ao disposto no artigo 169.1 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.

1.—En cumprimento do artigo 169.3 do Real Decreto Legislativo 2/2004, de 5 de marzo, fanse públicos os importes por capítulos do orzamento:

Estado de Gastos Euros

Cap.1: Gastos de persoal………………………………………..……………...…681.604,56

Cap.2: Gastos en bens c. e servicios ………………………………………….1.708.102,77

Cap.3: Gastos financieiros ……………………………………………………...……4.000,00

Cap.6: Investimentos reais ……………………………………………………..…521.000,00

Cap.9: Pasivos financieiros…………………………………………………………35.759,40

Total Gastos………………………………….……...2.950.466,73

Estado de Ingresos

Cap.3: Taxas e outros ingresos………………………………………………....1.048.223,48

Cap.4: Transferencias correntes …………………………………………….…1.339.483,85

Cap.5: Ingresos patrimoniais…………………………………………………………6.000,00

Cap.7: Transferencias de capital ………………………………………..….…….556.759,40

Total Ingresos………………………………………..2.950.466,73

2.— Consonte ao disposto no artigo 127 do Real Decreto Legislativo 781/1986, do 18 de abril, regulador do Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, fanse públicos os cadros de persoal:




3.— Dando cumprimento ao establecido no artigo 75.5 da Lei 7/85, do 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, fanse públicas as retribucións dos cargos e asistencias a sesións de órganos colexiados:
Asistencias a sesións:
— Por asistencias a sesións da Xunta da Mancomunidade, Comisións Executivas e Comisións Informativas: 40€.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.