ACTA DE CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL DE ZONA DE CAMBADOS
Pola Secretaria Xudicial do Xulgado Decano de Cambados, Dª BENITA MARÍA GÁNDARA VALIJE, procédese a convocar á constitución da Xunta Electoral de Zona desta demarcación en cumprimento dos disposto polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no escrito recibido o 28/10/2015 e de acordo co artigo 14 da LOREG, quedando decatados todos os convocados. Polo vocal Dª Elena Isabel Moreira Lantes de ponme de manifesto que se atopa de vacacións ata o día 5 de novembro. En cambados a 29/10/2015. Dou Fe.
Imaxe: Faro de Vigo |
Cambados, trinta de outubro de 2015
No día de hoxe procédese, previa convocatoria pola Secretaria do Xulgado Decano dos vogais xudiciais designados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na súa reunión de data 23 de outubro de 2015, dona María Cristina Fernández Fernández, dona Elena Isabel Moreira Lantes e dona Sofía Leonor Castro Verdes, xuíces dos Xulgados de Primeira Instancia e Instrución núm. 4 de Cambados e nº 3 e 1 de Vilagarcía de Arousa, respectivamente, coa miña asistencia como Secretaria do Xulgado Decano de Cambados, dona Benita María Gándara Valije, a constituír a Xunta Electoral De Zona de Cambados, de conformidade co artigo 14 da Lei Orgánica 5/1985, do 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeneral, dentro do prazo legal. Non comparece Dª Elena Isabel Moreira Lantes por atoparse de vacacións.
Feita a votación dos membros da Xunta Electoral resulta elixida por unanimidade como Presidente a dona María Cristina Fernández Fernández, de acordo cos previsto nos artigos 11.2 e 14.3 da LOREG.
Polo Presidente acórdase o envío da comunicación da constitución da Xunta ao Presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, á Xunta Electoral Provincial e á Subdelegación do Goberno e a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos previstos no artigo 14.3 da LOREG.
Acórdase que as comunicación para as reunións da presente Xunta fáganse polo Secretario da Xunta por vía directa, telefónica, telemática ou por calquera medio, deixando constancia por dilixencia e permítese que as reunións da Xunta Electoral sexan efectuadas a través de todos os medios telemáticos, informáticos, telefónicos, electrónicos e calquera outros que permitan a comunicación dos membros da Xunta.
Acórdase achegar á devandita acta a designación de vogais xudiciais efectuada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.