Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de noviembre de 2015

"NADAL PARA TODOS" UNHA INICIATIVA DOS SOCIALISTAS DE CAMBADOS






O PSOE de Cambados pon en marcha a súa campaña Nadal para Todos

Un ano máis os socialistas de Cambados poñen en marcha a súa campaña de recollida de alimentos Nadal para Todos. Este ano a recollida comezará o luns 16, e estará en varios supermercados e centros educativos de Cambados ata o vindeiro día 30 de novembro.
O que se recade irá destinado a SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui), que está axudando na reconstrucción dos campamentos de refuxiados arrasados polas inundacións ocorridas o mes pasado. Dende esta ONG, fan chegar a necesidade de conseguir alimentos non perecedoiros, como por exemplo latas de conserva, así como medicamentos ante a grave escaseza sufrida. Tamén son necesarios utensilios de hixiene persoal.
A agrupación socialista anima a todos os veciños e veciñas a colaborar, destacando “a gran solidaridade demostrada ao longo de todos estes anos, nos que a pesar da difícil situación económica, os cambadeses e cambadesas amosaron un espírito solidario digno de admiración”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.