Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

12 de noviembre de 2015

ENCONTRO ABERTO: O BNG NO CONGRESO DOS DEPUTADOS








O BNG organiza un encontro aberto para presentar a campaña “Galiza, a forza que nos une”

Será este venres ás 20:30 no Auditorio Municipal, coas intervencións de Xabier Ríos e Olaia Fernández Davila.
“Galiza, a forza que nos une” é o lema da campaña que o BNG presenta este venres ás 20:30 no Auditorio Municipal coa participación do portavoz municipal, Xabier Rios e da deputada no Congreso, Olaia Fdez. Davila.


No acto, aberto ao público, analizarase a situación da Galiza en relación co Estado español e o impacto da súa dependencia; o papel do nacionalismo galego nas Cortes do Estado e aposta pola candidatura galega de unidade. Ademais, proxectarase un vídeo e haberá tempo para a participación e o debate.
Así, explicarase o labor desenvolvido pola formación nacionalista durante dúas décadas de presenza na Cámara baixa, onde a defensa dos intereses galegos estivo garantida grazas ás intervencións do BNG.







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.