Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de octubre de 2015

BO BALANCE DE TURISTAS REXISTRADO EN CAMBADOS









A afluencia de turistas durante este verán 2015 no que respecta á nosa vila, foi moi positiva, si ben para os Servizos Turísticos do Concello de Cambados non é posible contabilizalos na súa totalidade e de xeito rigoroso, polo que só quedan rexistrados aqueles turistas e excursionistas que se achegan ás nosas dependencias. Esta cifra é, por tanto, pouco representativa do groso número de visitantes de Cambados e da zona do Salnés, dado que son moitos os que ó viaxar en grupos xa organizados, ou coñecendo xa a zona, non pasan polas dependencias informativas.
Compre sinalar que na tempada estival varía a tipoloxía de turismo que se achega ata a Vila do Albariño, pasando de grupos organizados por diferentes colectivos e axencias de viaxe ao turismo en parella, familiar e grupos de amigos. Os resultados das persoas atendidas no mes de xullo ascende a 9.116, das cales 2.540 o fixeron en grupo organizado e dos cales o 36% xa coñecía a nosa vila. O mes de agosto supuxo una importante recuperación con respecto a anos anteriores alcanzando a cifra de 14.712 superando en máis de catro mil persoas as rexistradas nas nosas dependencias durante o mesmo período do ano pasado, e das cales soamente 1.946 o fixeron en grupo organizado e o 29% xa nos coñecía.
Esta tipoloxía de turista decantase pola ampla oferta cultural que ofrece Cambados xunto coa posibilidade de visitar o Conxunto Histórico, o cal foi un dos atractivos máis demandados nas nosas dependencias, seguido pola ruta do viño, o turismo mariñeiro, e a gastronomía; e como non era de estrañar na nosa área de influencia, tamén foi demandado o turismo de sol e a praia , a paisaxe e a cultura da nosa Comarca do Salnés e a ría de Arousa.
A procedencia dos nosos visitantes segue a ser, coma en anos anteriores, maioritariamente nacional xa que este ano supuxo o 93,22% do cal un 5,28% eran procedentes da nosa comunidade autónoma. As comunidades de Madrid, Castela e León, Andalucía, País Vasco, Cataluña e Comunidade Valenciana foron os que máis nos visitaron. No que se refire a visitantes estranxeiros supuxo o 6,78% sobresaendo os nosos veciños franceses seguidos dos procedentes de Portugal, Inglaterra, Alemaña, Bélxica e Italia. En tempada estival o medio de transporte máis utilizado foi o coche propio co 72,17%, seguido do autobús debido aos grupos organizados co 18,82%, o emprego de avión e que soen combinar co uso de coche alugado foi do 5,22 %, e en caravana o 2,06%. O Aloxamento empregado polas persoas que se achegaron ás nosas instalacións durante os meses de xullo e agosto foi maioritariamente o hotel co 48,5%, seguido dos Apartamentos Turísticos co 17% e as casas de Turismo Rural co 6,38%
A oficina de turismo seguirá aberta, como soe ser habitual nesta época ,de martes a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30, sábados de 10:30 a 19:30 e domingos de 10:30 a 14:00, na espera de que os vindeiros festivos favorezan a recepción de visitantes, antes da tempada estival.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.