Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2015

NOVO CALENDARIO PARA O XUVEN







A Liga LEB Prata ten coñecido onte pola mañá  a composición definitiva tanto das datas que compoñerán a edición de 2015/16 como os emparellamentos que dan forma a un calendario que comezará a anotar os primeiros resultados na tarde do próximo 3 de outubro. O troco vei dado polo ascenso do F.C. Barcelona a liga LEB Oro.

A Liga LEB Plata quenta xa motores co inicio das pretempadas dos 14 equipos que compoñerán unha nova edición dunha competición que coñeceu na mañá de onte tanto as datas coma a composición definitiva do seu calendario unha vez sorteado na Federación Española de Baloncesto.

A competición vivirá o seu pistoletazo de saída o próximo sábado 3 de outubro prolongando a súa liga regular ata o 9 de abril. A Copa LEB Plata xogarase o sábado 23 de xaneiro mentres que os playoffs polo ascenso comezarán o 27 de abril finalizando o 31 de maio.

O derby provincial co Marín Peixe Galego chegará na oitava xornada (21 de novembro) coa ida no pavillón da Raña e a volta está fixada para o 5 de marzo no Pombal.

Calendario completo




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.