Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de septiembre de 2015

LOUZÁN ABANDONA A DEPUTACIÓN







Esta mañá o presidente provincial do PP de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou a súa dimisión como deputado provincial do Partido Popular , tal e como el mesmo manifestou publicamente o 26 de maio de 2015, dous dias despois da celebración das eleccións municipais e unha vez analizados os resultados electorais.
Aínda que a intención primeira do presidente do partido era non recoller xa a súa acta de deputado, mantívose no grupo a petición dos seus compañeiros implicándose directamente na posta en funcionamento do Grupo Popular e na estratexia de traballo.
Agora, transcorridas estas primeiras semanas desde a constitución provincial e co comezo do novo curso político, a decisión de Louzán é de presentar a súa renuncia.
Con todo, o líder dos populares seguirá realizando labores de asesoramento e coordinación como presidente provincial do partido e dada a súa importante traxectoria e experiencia á fronte do ente provincial.
Rafael Louzán aproveita a ocasión para agradecer unha vez máis a colaboración e a extraordinaria profesionalidade de todos os traballadores da Deputación de Pontevedra, cos que espera seguir contando, porque considera que o seu papel é determinante para o bo funcionamento da institución.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.