Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de agosto de 2015

OS MARISCADORES DA RÍA DE AROUSA NON DESCARTAN MOBILIZACIÓNS






Os patróns maiores da Ría de Arousa iniciarán este venres unha rolda de asembleas informativas para explicar aos mariñeiros a difícil situación que afrontarán esta campaña de libre marisqueo. A primeira será na Illa de Arousa. O seu patrón comparte a preocupación dos outros pósitos e asegura que a campaña rematará, como tarde, no mes de decembro. A Xunta segue sen tomar medidas, por iso non descartan mobilizarse en Santiago co apoio dos mariñeiros.
A menos de mes e medio do arranque da campaña de libre marisqueo, a ría de Arousa segue sen solucións que garantan a existencia de recursos. Rianxo e Cambados serán as seguintes paradas. Nun principio son encontros informativos, aínda que non descartan comezar mobilizacións. Queren que os mariñeiros coñezan xa as perspectivas negativas que se repetirán este ano, sobre todo nos Lombos do Ulla. Os patróns advirten de que esta será a segunda campaña de libre marisqueo que perde o sector. A pesares do todo, as medidas non chegan. Lamentan que a Xunta non escoitara as súas advertencias que fixeran a finais do ano pasado. Agora, as propostas dos técnicos son insuficientes e chegan tarde. Ante a perspectiva dunha nova campaña perdida, os patróns seguen a traballar na procura de medidas sociais que axuden aos mariñeiros. Algo que tamén abordarán nas asembleas que arrancan este venres.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.