Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de agosto de 2015

LAGAR DA COSTA FAISE CO PRIMEIRO PREMIO DA FESTA DO ALBARIÑO






O Salnés, coa Adega "lagar da Costa" gañou o concurso de catas da Festa do Albariño que congregou a miles de persoas esta semana en Cambados.

Unha sorprendida e leda adegueira,Sonia Costa recollía no pazo de Torrado o primeiro premio de cata do Albariño. A adega gañadora, Lagar da costa, é da propia vila de Cambados.

O segundo premio levouno Gotas do Mar, e o terceiro foi para Paco eLola, de Meaño, que o recibiu de mans da alcaldesa de Cambados. 
A entrega foi o colofón deste certame vitivinícola, declarado festa de interese nacional, que na sexaxésimoterceira edición do capítulo serenísimo investiu damas e calabaleiros da orde do viño albariño á directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, e á alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, canda o banqueiro Juan Carlos Escotet, entre outros. Premiaron aos adegueiros novos e tamén ás adegas que se asocian para competir e exportar. Xa o fan co 25% da produción. No consello regulador o que máis celebran é a recuperación das vendas este ano en España. Consideran próximo o obxectivo de chegar a producir 25 millóns de litros. Prevén superar este ano a xa boa colleita do pasado 2014. Os 6.000 viticultores e as 179 empresas da denominación de orixe Rías Baixas facturan 120 millóns de euros.

Imaxes da nova na TVG




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.