A feira de Oportunidades que durante esta fin de semana organiza a asociación de comerciantes Cambados Zona Centro arrancou onte cun notable éxito de asistencia. Os stands do paseo da Calzada ateigáronse de xente que veu visitar e mercar en ditos establecementos.
Esta Feira é unha das actividades que durante esta fin de semana haberá en Cambados, ademáis do concerto que se celebra esta noite na praza do Concello, a prol de Esperanza Salnés, no que actuarán os grupos Modestia Aparte e A Cámara Lenta.

Ademáis, o parque das palmeiras acolle tamén esta fin de semana unha feira de antigüidades. O sábado 15 o campo municipal de Burgáns acolle o trofeo Vila de Cambados, entre o C.J. Cambados e o Vilalonga F.C. , que se disputará ás 19:00h.
Tamén se celebra nesta fin de semana a festividade de San Roque, que durante o sábado e o domingo amenizarán a nosa vila cos pasarrúas de papamoscas e cabezudos, ademáis das verbenas ámbolos dous días. O domingo, día grande desta festividade, celebraránse os actos relixiosos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.