Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de julio de 2015

CONFIRMADO!!!! JAMES EN CAMBADOS O 31 DE XULLO






O segredo a voces sobre o grupo que vai actuar o venres do albariño xa deixa de ser segredo. JAMES ven de confirmar na sua web www.wearejames.com a actuación en Cambados.

A Festa do Albariño de Cambados acollerá o venres 31 de xullo o único concerto do grupo británico James en España, sendo ademais a súa primeira actuación en Galicia. Será ás 23 horas na Praza de Fefiñáns onde a formación encabezada polo vocalista Tim Booth despregará un repertorio que se nutre de trece LPs e catro EPs e cuxo “big bang” data de 1981. 
Uns veteranos, si, pero en plena forma, como testemuña o seu último traballo, “Le Petite Mort”(2014), cunhas composicións que se negan a sentarse e ver a vida (musical) pasar. Dous anos despois do seu nacemento puxeron o seu primeiro ovo discográfico, o EP “Jimone”. Co segundo Morrissey xa se tiña declarado fan confeso e pediunos como acompañantes na súa xira. Non só iso, pode dicirse que tal vez foron eles os que inauguraron a etiqueta de “os próximos The Smiths”. Coa chegada do acid house marcaron o seu hit rompedor, un “Sit Down” moi solto e adaptado a aqueles tempos que lles converteu en superestrelas do momento (o tema chegou ao número 2 nas listas británicas e converteuse nun fixo das emisoras de rock moderno de USA, onde abriron para Neil Young) e a partir de aí levaron o seu folk-pop pracenteiro cara a unha época máis experimental. Esta culminou nunha colaboración con Brian Eno, o disco de 1993 “Laid”, o de maior éxito seu en Estados Unidos. Parecíanse moito a unha institución e nese pedestal mantéñense, máis na facción do punteiro grupo de culto que na do seguimento masivo. Tras unha crise entre 2001 y 2007, cando parecía que todo se acabara, volveron en 2008 con “Hey Ma”, cun son revitalizado e máis conectado ao seu “zeitgeist”. Dende entón, e “Le Petite Mort” é a proba, non o abandonaron.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.