Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de julio de 2015

ASALTO A COMISARÍA DO DISTRITO 13







LA VOZ DE ARAGUNDE II
Un dos grandes directores do Cine Norteamericano é John Carpenter. Con este filme “setenteiro” tódalas portas dos Estudos de Hollywood se lle abriron de par en par e deixou a súa pegada na Historia con filmes de culto que aínda veneran os cinéfilos de medio mundo, como La Cosa (The Thing), A Néboa (The Fog) e Starman, o Home das Estrelas. En Cambados ao parecer polo que reflicten os medios de prensa escrita se produxo un “asalto” ás contas públicas por parte do anterior Alcalde Luis Aragunde que gastou máis do 70 % do Presuposto Anual en 5 meses e unha inxente resma de facturas sen pagar. Era visto: o 7 de Maio de 2015 con motivo do relato do Pleno da Corporación en Cores de Cambados xa o adiantei e mágoa p que se confirme tal extremo de forma oficial. Aqueles 400.000 euros de superávit dos que falaba Luis eran unha patraña deseñada xunto ao seu Teniente de Alcalde Juán José Cores para tentar manipular as cifras, o que se coñece no argot económico coma “arquitectura contable” unha vez nin mentaron a débeda viva (os créditos a corto e a longo prazo que se adebedan aos Bancos) nen a débeda comercial (as facturas rexistradas e sen pagar) ademáis de non dar conta do que realmente importa, que é a liquidación do Presuposto. 


A realidade é que o propio Alcalde non saíu na Prensa a desmentir o apuntado polo actual grupo de goberno en rolda de prensa e na  que se fixo eco (e máis amplo)  do que apuntabamos  no seu día. Ao revés, o ex-alcalde presuntamente dixo:  “Esto es lo que hay, ahora vas y lo pillas”. Víctor Caamaño, Primeiro Teniente de Alcalde mentou  o termo de “terra queimada” para debullar o actual escenario. Un Catedrático e home Culto coma Víctor coñece a Historia e este acepción  é empregada polos Historiadores para tildar do que tal fixeron os Rusos na II Guerra Mundial ante o avance do exército alemán,  deixar un páramo tras deles, nen víveres, nen liñas de comunicación, nen nada de proveito. Na retirada “morreron á miñoca” os soldados alemáns. Pos ben: aparte do de mentir que é sinónimo de Luis Aragunde, o actual goberno ten a tarefa de poñer en orde as Contas e xestionar con moito tino os poucos “víveres” que deixou o PP e a min non me importaría o que organizou Luis se fora a súa casa o Concello,  porén resulta que é a casa de tódolos veciños e veciñas de

Cambados e deixaron a un gato ao cargo dunha piscifactoría. Da a vida que temos unha xente preparada que xa está dando os pasos para osixenar esto, o que sempre ocorre cando a dereita deixa un goberno: ten que voltala esquerda para rescatalo. Os reféns de Luis son os veciños pero tanto lle ten:  lisca para Pontevedra para alí presuntamente andar na percura das “musas”. Virá o derradeiro xoves de cada mes ao Pleno a contarnos cousas que non son verdade, medias verdades, e  a poñer tódalas trabas do mundo a Fátima Abal. 




A cousa está que arde e isto non fixo máis que comezar: un cigarrillo e lume por favor. 

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.