O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía levará aos rapaces de 1º BACH-A (Alumnado de Bioloxía) a unha Saída á Capela da Lanzada para participar no PROXECTO CARPOFLOR, organizado pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Será o vindeiro venres dia 5. Os alumnos deben aboar 2 euros en concepto de axuda ao pago do transporte. (1/4 do prezo total).
"As invasións vexetais constitúen a segunda ameaza á biodiversidade e a primeira en illas ou espazos illados. O asentamento dunha planta estranxeira nun territorio onde as condicións de hábitat son similares ao seu lugar de orixe, fai que esta xermine, sobreviva, medre e se reproduza. Deste xeito crea novas poboacións auto-sustentables que se expanden de maneira rápida e que representan unha seria ameaza para as especies autóctonas. Tales especies introducidas, ou exóticas, son referidas como especies exóticas invasoras (EEI)".

Esta é parte dun artigo de LAURA CHAVES FALCÓN para a revista do I.E.S. Asorey, A Buxaina na que nos fala do Proxecto CARPOFLOR.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.