TELÉFONOS DE INTERESE

1 de junio de 2015

O I.E.S. ASOREY SIGUE TRABALLANDO NO PROXECTO CARPOFLOR







O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía levará aos rapaces de 1º BACH-A (Alumnado de Bioloxía) a unha Saída á Capela da Lanzada para participar no PROXECTO CARPOFLOR, organizado pola Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Será o vindeiro venres dia 5. Os alumnos deben aboar 2 euros en concepto de axuda ao pago do transporte. (1/4 do prezo total).

"As invasións vexetais constitúen a segunda ameaza á biodiversidade e a primeira en illas ou espazos illados. O asentamento dunha planta estranxeira nun territorio onde as condicións de hábitat son similares ao seu lugar de orixe, fai que esta xermine, sobreviva, medre e se reproduza. Deste xeito crea novas poboacións auto-sustentables que se expanden de maneira rápida e que representan unha seria ameaza para as especies autóctonas.  Tales especies introducidas, ou exóticas, son referidas como especies exóticas invasoras (EEI)".


Esta é parte dun artigo de LAURA CHAVES FALCÓN para a revista do I.E.S. Asorey, A Buxaina na que nos fala do Proxecto CARPOFLOR.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.