Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2015

O FRANCOTIRADOR







Clint Eastwood no seu derradeiro filme volta a axitar conciencias poñendo en solfa o que é unha sociedade Norteamericana amante da palabra patria e todo o que arrodea a mesma sobre todo a alienación, a mesma que debullou Aldous Huxley no seu libro Un Mundo Feliz. Unha conmoción provocou o filme porque o mestre Eastwood coma definíu con bó criterio Miguel Anxo Fernández na Voz de Galicia non toma partido, plasma a realidade deixando que seña o espectador quen xulgue. Coma na paráfrase de Steven Zaillan en War Horse (Steven Spielberg) é coma a pomba que sobrevoa o campo de batalla e non olla cara abaixo, eso require tamén valor.
A título particular eu detesto a palabra Patria, seña de donde veña, por mor dela e do de arriba se fixeron as máis grandes atrocidades da Humanidade. Coma Michael Ondaatje no seu libro tamén levado o Cine El Paciente Inglés, a Patria son as cicatrices que leva o noso corpo, non unha bandeira, un himno, nen un escudo. Pos ben: Cambados foi a Patria do PP perante 28 anos e se resiste a perder a súa posesión, non asimila que os veciños lles pediron amablemente que se vaian a Oposición.
Onte se escenificou un dos derradeiros “teatrillos” que levan con eles con motivo da inauguración do Campo de Fútbol do Pombal. Rafael Louzán e Luis Aragunde na Oposición por mandato dos veciños de novo largando “pullas” ao actual equipo de goberno coma se estiveran nun plató de televisión. A periodista Bea Costa refire na Voz que segundo Luis o Concello de Cambados é un despropósito, hai unha inestabilidade que lle quita o sono. Continúa decindo paridas, as mesmas que soltaba sendo Alcalde a cotío falando de que os programas do cuatripartito falaban de que non habería un gasto maior en soldos do que él deixou. Este homiño pensa que pode enganar a alguén cando refire tal despropósito. Os que “toque” con este novo goberno serán aqueles que foron elexidos polo pobo co seu VOTO, non os seus amiguetes que foron elexidos por él exclusivamente. Hai moita diferencia nos modos e no contido.
A inestabilidade da que fala este ser entrañable non é tal porque ata o día 30 de Xuño no que se celebra o primeiro Pleno da Corporación o Concello está sendo levando dun xeito serio e profesional; aínda non tomaron posesión dos seus cargos algúns membros da Corporación e os veciños xa saben que non precisan un “visado” para falar coa Alcaldesa, que o Rexistro Municipal está aberto e que os Funcionarios e Personal Laboral seguen facendo o seu traballo coma están acostumados. Onde está entón o problema segundo o PP, pos en ningures. Non lle vou a dala volta aos 100 días de cortesía que disque Aragunde prometeu porque o Portavoz Municipal Xurxo Charlín xa lle contestou coa retranca porén só hai que ler o que se escrebe nas Redes Sociais para decatarse de que os Patriotas de Luis están abrindo fogo sen compaixón. Menudo exemplo de lealtade e cortesía institucional. O artigo de Victor Freixanes na Voz de Galicia de todos modos de onte fala por sí sólo.

ARTIGO DE Victor Freixanes


Un artigo de Óscar Nuñez

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.