Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2015

"GALICIA A TODO TREN" CHEGA A CAMBADOS






Onte comezou unha nova ruta do "Galicia a todo tren", a das Rías Baixas. Os viaxeiros deste convoi combinaron o percorrido polas vías coa degustación do Albariño. E deixaron para a tarde, un paseo en barco pola ría de Vigo.

Pasaxeiros ao tren con destino a unha nova ruta turística e etnolóxica. A primeira parada, estación de Vilagarcía, camiño de Cambados, para aprender a catar e distinguir variedades de Albariño. 

Primeiro os coñecementos teóricos e despois a constatación práctica de todo o aprendido. Cunha copa en cada man toca percibir as diferenzas. Hainos expertos, no viño e tamén nesta rutas en tren.

E é que os sete trens turísticos que circulan cada verán ofertan máis de 2.500 prazas nas que combinan percorridos turísticos, coñecementos das distintas denominacións de orixe do viño galego e visitas culturais. Nas próximas fins de semana do verán sairán novos convois. O de hoxe, deixámolo ao mediodía camiño de Vigo, para que os viaxeiros gocen dun paseo pola ría e coñezan a illa de San Simón.



Información:TVG



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.