Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de junio de 2015

INAUGURADA A EXPOSICIÓN "LAXEIRO DEBUXANTE"





O venres pasado foi inaugurada a exposición "LAXEIRO DEBUXANTE" EN Cambados.
Esta exposición titulada 'Laxeiro debuxante' presenta 80 pezas sobre papel, táboa ou lenzo, realizadas a lapis, plumiñas, carbón, tintas, augafortes, augadas, acuarelas e óleo onde se percibe a importancia do debuxo, cun percorrido centrado na etapa que residiu en Bos Aires (1951-1970), unha das máis proliferas da súa carreira, e a posterior tras o seu retorno a Europa, obras pertencentes á colección Alcalde-Varela xestionada por Mundo Creativo de Boiro, en colaboración co Concello de Cambados, expostas na sala de Torrado.

José Otero Abeledo (Laxeiro) natural de LalinPontevedra, está considerado como un dos renovadores da pintura galega xunto con autores do talle de ColmeiroSeoane ou Maside, nunha etapa na que a arte estaba estancada no academicismo; e a súa irrupción supuxo colocar a Galicia na primeira liña da arte contemporánea. Nos inicios dos anos 30 estuda na Escola de Belas Artes de San Fernando, de Madrid, e en 1934 presenta a súa obra na Facultade de Filosofía e Letras de Santiago. Pero foi en Arxentina onde o seu traballo adquire resonancia; de aí que ao seu regreso a súa obra se presente en Madrid e a súa terra galega, debuxo e pintura cunha forte dose de experimentalismo cara ás novas tendencias que conforman a creación na segunda metade do século XX.


Nas obras de Laxeiro percíbese unha especial sensibilidade cos movementos renovadores pero sen dar de lado a influencia de clásicos como Goya ou Rembrandt. Tamén destaca a etapa postcubista picasiana e o impresionismo. Un mundo rico en experiencias 'vivido' dende as súas raíces galegas que se mostra na exposición 'Laxeiro debuxante', aberta na sala Torrado, de Cambados, ata o 9 de agosto de 2015.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.