Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de mayo de 2015

ZONA CENTRO PRESENTA "......DE PINCHOS POR CAMBADOS"







A asociación Cambados Zona Centro presenta a IV edición do concurso “de pichos, ….por Cambados”, que se celebrará os vindeiros días 29, 30 e 31 de maio.
Na presente edición serán 8 establecementos de hostalería participantes, que servirán, cada un deles dous pinchos, ao prezo de 1€ a unidade. Os pinchos poderanse degustar en horario de 12.00 a 15.00h. e de 20.00 a 22.30h.
1. A DOS PIÑEIROS
- Pementos de piquillo recheos de marisco.
- Crema de verduras con vieira.
2. PARADOR
- Pastel de lacón con grelos.
- Pementos de Vilariño recheos de queixo de San Simón.
3. VINOTECA RIBEIRA DE FEFIÑÁNS
- Xouba rechea de Pementos e queixo de Arzúa.
- Chipirón con tempura negra e alioli de lima.
4. O CRUCEIRO
- Ensalada de polbo.
- Tempura de sepia sobre base de figos.
5. A TABERNA DO TRASNO
- Tataki de atún.
- Tomate asado con tetilla.
6. A ESQUINA DA MEIGA
- Tosta de palometa e queixo galego.
- Revolto de primavera con arroz negro.
7. TAPERIA REAL
- Roliño de leituga con sorpresa do mar.
- Verduras templadas con zamburiñas.
8. A CASA MIGUEL
- Timbal de bacalao con verduras.
- Tosta de secreto ibérico con setas en reducción de trufas.
Cada local participante poñerá a disposición dos seus clientes as papeletas de votación, nas que se deberán valorar do 1 ao 5, cada un dos pinchos, entendendo 5 como a máxima puntuación. Na presente edición, contaremos como novidade, coa existencia dun xurado, que estará formado por un representante da hostalería local, un representante do Concello, e un representante da asociación Cambados Zona Centro. Así, o gañador do concurso será aquel establecemento, cuxo pincho acade a maior puntuación media, sumando a votación popular e a valoración do xurado.
Para nosos clientes, a asociación sorteará entre todos aqueles que percorran os establecementos participantes, unha cesta de produtos “gourmet”, así como 8 vales compra de 25€ cada un.
Con motivo destas xornadas, o sábado 30, ás 18.30 horas, no Salón José Peña, realizarase un taller gratuíto de corte de xamón. Ademais, na Praza do Concello, teremos a ocasión de ver o coche do equipo “Galventus Team”, gañador do rallie solidario “Clio Raid Marraquech”, organizado polo expiloto Chus Puras, e patrocinado pola asociación Cambados Zona Centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.