Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de mayo de 2015

PROPOSTAS PARA FOMENTAR E CREAR EMPREGO DO PSOE CAMBADÉS








Fátima Abal presenta as súas propostas en materia de emprego.

A candidata á alcaldía de Cambados Fátima Abal continúa desglosando o
seu programa electoral. Esta vez presenta as propostas en materia de
emprego, algo no que á fundamental contar con políticas activas. Sen
embargo, a candidata lamenta que o Concello de Cambados apenas destine
recursos ao fomento do emprego.
Fátima Abal quere facer un recoñecemento ao extraordinario traballo dos
comerciantes de Cambados, para os cales creará programas de apoio co
obxectivo de crear novos postos de traballo, e para convertir a Cambados
nun referente de comercio de calidade.
Tamén se busca que Cambados sexa atractivo para as empresas que se
queiran instalar no noso municipio, para o cal o Concello traballará
activamente con elas, asinando convenios que impulsen a contratación de
veciños do noso pobo e que así estes non teñan que buscar o seu futuro
lonxe.
Unha das demandas principáis de aqueles emprendedores que están
comezando os seus proxectos é un espazo no cal levalos a cabo. Para esto,
Fátima Abal propón que se habiliten edificios municipais para que estes
emprendedores poidan comezar a súa andadura no noso municipio.
Fomentarase así o coworking ou traballo en cooperación, permitindo a
profesionais independentes, emprendedores e pymes compartir un mesmo espazo de traballo para desenrolar os seus proxectos.
Outro asunto importante é o emprego público, para o cal se farán
convocatorias totalmente transparentes e coa publicidade debida para que
se poida presentar quen queira e sen enchufismos. En canto aos actuais
empregados do Concello, porase en marcha un plan de carreira profesional a
través da búsqueda de acordos coa EGAP ou o INAP para mellorar a súa
formación e convertir a Cambados no Concello máis moderno e transparente
do Salnés.
Segundo Fátima Abal: “os socialistas non queremos unha xeración perdida
de xóvenes nin unha xeración olvidada de maiores, polo que crearemos
programas específicos de emprego para franxas de idade determinadas, coa
formación necesaria para adaptarse á vida actual. Colaboraremos para elo
coas academias existentes na nosa localidade para formar aos veciños e
veciñas en canto a idiomas, informática, manexo de internet, etc.”

“Dous dos sectores económicos máis importantes en Cambados –continúa
Fátima Abal- son o mar e o sector do viño, polo cal poremos en marcha
plans específicos para eles, que inclúen a negociación con Portos de Galicia
para conseguir o abaratamento das taxas polo uso de peiraos e
instalacións. Colaboraremos tamén coa Confraría coordinando accións para
facilitar a súa xestión e que poidan 
aumentar o seu financiamento e as
prestacións para a xente do mar. En canto ao sector vitivinícola, poremos en
marcha cursos e obradoiros para mellorar a formación de agricultores e
viticultores. Buscaremos tamén aumentar o turismo relacionado co viño,
creando rutas enoturísticas”.
Ademáis, outra medida anunciada por Fátima Abal e a eliminación da taxa
municipal sobre as terrazas de bares e restaurantes, unha medida que foi
aplicada noutros concellos socialistas e que supuxo un aumento das
contratacións no sector hosteleiro.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.