Unha vila con grandes oportunidades para o crecemento económico
Unha situación xeográfica privilexiada.
No centro da ría máis produtiva de Galicia.
Principal enclave da maior comarca vitivinícola de Galicia.
Un sector servizos en constante modernización.
Unha xuventude preparada, creativa e innovadora.
A realidade económica e social: Consecuencias dunha pésima xestión municipal
RESULTADOS DO GOBERNO DE ARAGUNDE 2011-15:
Desempregados: de 1.105 a 1.574.
*Incremento do paro nun 42 %
*A nosa taxa de paro (26,93 %) supera a taxa provincial, galega e española.
*Descenso de poboación: 547 habitantes menos (de 13.946 a 13.399), a pesar do saldo vexetativo positivo (rexistráronse máis nacementos que defuncións).
*Solicitantes de axudas alimentarias e produtos de primeira necesidade: de 350 (ano 2011) a 498 (2014). Incremento do 42 %.
*Máis do 60 % das familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes.
*Desde que goberna Aragunde, máis de 500 xóvenes de Cambados tiveron que emigrar en busca de traballo.
Ante a contundencia destes datos,
CAL É O GASTO DO PP EN ATENCIÓN SOCIAL E PROMOCIÓN ECONÓMICA?
Gasto en Atención Social: Cambados dedica 52,24 € por habitante fronte aos 140 € de Sanxenxo ou os 130 € de Vilagarcía e Meaño. Cambados dedica menos da metade que a media de concellos do Salnés a axudar ás persoas que máis sufren a crise.
Gastos en Promoción Económica: Cambados gasta 6,32 € por habitante, 10 veces menos que Meis ou O Grove. Cambados dedica 4 veces menos que a media dos concellos do Salnés.
Pola contra, Aragunde gastou no xantar do Albariño 30.000 € en invitar aos seus amigos do PP, mentres destinou só 7.000 € para becas ao estudio e 10.600 € para alimentos das familias sen recursos. Máis de 300 familias non poideron optar ás axudas para material escolar por falta de presuposto municipal.
As nosas prioridades: axudar ás persoas, crear emprego e xestionar con honradez promovendo a participación e a igualdade de oportunidades.
Aquí podes ver o Programa completo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.