Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de mayo de 2015

"PODEMOS CAMBADOS" NADA TEN QUE VER CON "CAMBADOS PODE"







O Círculo Podemos de Cambados saca unha nota de prensa que reproducimos na sua totalidade.



Ante as dubidas e rumores, que ultimamente están surxindo, ao respecto da  participación de PODEMOS nas eleccións municipais de Cambados.
                    
Queremos ACLARAR:

1º Que, segundo se acordou asambleariamente, NON imos a participar como PODEMOS.

2º Que APOIAREMOS a candidatura de SOMOS CAMBADOS, xa que é unha candidatura de participación cidadán afín a ideoloxía política de PODEMOS. E ademais, valoramos o esforzo dos seus candidatos, chamando a participación aos veciños de Cambados.


3º Que non permitiremos ningún tipo de USURPACION, nin sequera parcial da nosa identidade, sexan colores, símbolos ou palabras, que intenten relacionarnos con calquera outra candidatura, como esta a suceder con CAMBADOS PODE, candidatura que NON ten nada que ver con PODEMOS, e que esta intentando sementar a DUBIDA entre os cidadáns de Cambados, para aproveitarse da CONFUSION, creemos que INTENCIONADA, que provoca a súa denominación.


Xano Fariña, Secretario do Circulo de Podemos Cambados.

Cambados, a 5 de maio de 2015











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.