Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de mayo de 2015

PODEMOS CAMBADOS DEIXA CLARO A NON RELACIÓN CON "CAMBADOS PODE"










Dende o Circulo de Podemos Cambados nas vésperas das eleccións municipais, queremos deixar claro aos nosos veciños que, a día de hoxe, aínda non teñen moi claro que Podemos NON se presenta ás elección municipais que se celebran este domingo.

Explicado isto, aos membros do círculo Podemos Cambados gustaríanos aclarar a situación na que se encontra a candidatura coñecida có nome de "Cambados Pode". Son moitos os veciños que estes días aínda nos preguntan, confundidos, se esa candidatura con un nome tan parecido ó noso, que emprega unhas cores no seu logo e nos seus carteis tan parecidas ás nosas, ten algo que ver con Podemos. Non sabemos se ese nome tan parecido e esa estética similar á nosa foron elixidas intencionadamente para enganar aos veciños de Cambados ou se é solo una desafortunada coincidencia (a experiencia dinos que en política ás coincidencias rara vez existen e moito menos en Cambados...), pero dende o círculo de Cambados queremos facer as seguintes aclaracións:

1-Podemos Cambados NON TEN NADA QUE VER CÓ PARTIDO POLÍTICO "CAMBADOS PODE". A sensación que temos os que participamos no círculo de Cambados é que están a utilizar ese nome para enganar aos veciños. Os membros dese partido NUNCA PARTICIPARON EN NINGUHA DAS NOSAS ASAMBLEAS nin se reuniron en ningún momento con nós. "CAMBADOS PODE" NON TEN NADA QUE VER CON PODEMOS.

2-Ademáis de esta buscada ambigüidade para facer pasar por Podemos o que non o é, os cambadeses que de verdade traballamos polo cambio que representa Podemos, queremos denunciar as prácticas escuras, continuadoras dos peores vicios da vella política, que están a protagonizar o candidato de "Cambados Pode" xunto con outros impulsores dese partido.Nos respectamos a participación en política de todo o mundo, teña as ideas que teña, pero o que non imos consentir nin por un segundo é que se intente desprestixar á nosa organización ou que se engane á xente poñéndonos de escusa. Podemos NUNCA FARÍA UN MITIN CON COMILONA, GRUPO MUSICAL, NIN REGALOS SORPRESA HABENDO EN CAMBADOS 1500 VECIÑOS EN DESEMPREGO, nin tampouco escollería de candidato e represéntate dos seus veciños a unha persoa que fuxe dun control policial e que se lanza á política do mesmo xeito que outros abordan un barco, cun coitelo entre os dentes e un parche no ollo. Nos non empregamos a política para medrar económica nin profesionalmente.

Como ven dicía fai uns días o noso secretario xeral Pablo Iglesias, "os gatos gobernan para os gatos", os sinvergonzas gobernan para eles e os que son coma eles. Da igual que se presente polo Partido Popular, por Independentes por Vilariño ou por calquera outra tapadeira, se ten o mesmo cheiro podemos estar ven seguros do qué é."

Xano Fariña, Secretario do Circulo de Podemos Cambados.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.