Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de mayo de 2015

O PROGRAMA ELECTORAL DE "SOMOS CAMBADOS" SUPERA AS 300 DESCARGAS








O “Programa de Goberno. 50 medidas para cambiar Cambados” vén de superar as 300 descargas desde que a finais da pasada semana fora posto a disposición dos veciños e veciñas nas redes sociais.


O “Programa de Goberno” consta de catro apartados:

Unha vila con grandes potencialidades para o crecemento económico. Neste apartado menciónanse brevemente as potencialidades de Cambados para a creación de emprego (situación xeográfica, sector do mar, sector servizos, industria do viño, etc.).

A realidade económica e social: Consecuencias dunha pésima xestión municipal. A pesar da propaganda e das promesas fóra da realidade de última hora, as cifras da xestión do goberno de Aragunde non deixan lugar a dúbidas:

-      Cambados ten hoxe unha taxa de paro do 26,93 % (superior á provincial, galega e española).
-      Máis de 500 xóvenes cambadeses tiveron que emigrar.
-      6 de cada 10 familias cambadesas teñen serias dificultades para chegar a fin de mes.
-      Nos últimos 4 anos o número de cambadeses que solicitaron axudas para alimentos e produtos de primeira necesidade incrementouse en máis do 40 %.
-      Nos últimos 4 anos o número de parados incrementouse en máis do 40 %.

Análise económica dos orzamentos municipais: Estudo comparativo cos concellos do Salnés. Cambados dedica a axudar ás persoas que máis sufren a crise menos da metade que a media de concellos do Salnés. Concretamente 52,24 € por habitante fronte aos  140 € de Sanxenxo ou os 130 € de Vilagarcía e Meaño.

A pesar de contar cunha cifra de paro record na nosa historia, superior en máis de 5 puntos á taxa de paro de Galicia, no capítulo de Promoción Económica e emprego Cambados dedica 4 veces menos que a media dos concellos do Salnés, en concreto 6,32 € por habitante, 10 veces menos que Meis ou O Grove.

As nosas prioridades: Axudar ás persoas que o precisan; apostar pola creación de emprego; e xestionar con honradez, promovendo a participación e a igualdade de oportunidades. Estas serán as  tres prioridades de SOMOS CAMBADOS na acción de goberno. Arredor delas enuméranse  detalladamente cada unha das “50 medidas para cambiar Cambados”.

Pola contra, nestes catro anos o PP realizou uns gastos dificilmente xustificables tendo en conta a dramática situación económica e social pola que están pasando os nosos veciños e veciñas:

-      1 millón de € en salarios do equipo de goberno e os seus asesores.
- Máis de 1 millón de € nunha rede de museos sen visitantes, ruinosa e ineficaz que coa súa recadación non cubre os gastos de luz.
- Esaxerado soldo do alcalde: 45.000 € + dietas convirten a Aragunde nun dos mellor pagados de Galicia.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.