Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de abril de 2015

TINO CORDAL CANDIDATO A ALCALDÍA DE SOMOS CAMBADOS









Esta tarde celebrouse a Asemblea de SOMOS CAMBADOS na que se decidía o candidato e si se aprobaba o programa electoral elaborado polos pola propia asemblea e as aportacións feitas polos veciños de Cambados nas redes.
O programa electoral foi aprobado pola inmensa maioría dos asistentes.
O candidato foi respaldado por unanimidade e non é outro que Tino Cordal.

Tino Cordal ten 45 anos.  

Casado e con duas fillas amosamos unha breve semblanza da sua carreira 

profesional ata o 2012, actualmente sigue exercendo agora coma profesor.

Doutor en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de 

Madrid, e Master en Administración Pública Europea pola 

Universidade Católica de Lovaina (Flandes, Bélxica). 

Desde o ano 2004,  Profesor da Área de 

Ciencia Política e da Administración na Universidade 

de Vigo. Imparte docencia na Facultade de Ciencias 

Sociais e da Comunicación en Pontevedra. Aínda 

que tamén  en dous Master na Facultade de Ciencias 

Económicas e Empresariais de Vigo e na Escola de Economía e Xestión da 

Universidade do Minho en Braga (Portugal).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.