A Asemblea da Plataforma veciñal Somos Cambados elixiu e aprobou na tarde deste sábado a candidatura para as próximas eleccións do 24 de maio, composta por 14 mulleres e 13 homes, cun total de 27 persoas entre candidatos e suplentes, que é o máximo que establece a Lei Orgánica do Réxime Electoral.

Os demais integrantes da candidatura veciñal Somos Cambados son: Xurxo Charlín, empresario e membro do Colexio de Economistas e Titulados Mercantís; Esther Castro, Licenciada en Historia do Arte e Diplomada na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia; Silvia Vozza, operaria dunha conserveira de Cambados; Antonio Sineiro, taxista de Cambados; Xan Galbán, cociñeiro e empresario; Inma Castro, Licenciada en Filoloxía Galega e Guía Turística; Rita Mosteiro, Técnico Superior en Imaxe e Son; Antón Cordal, Director Administrativo dunha Depuradora de Castrelo; Rubén Casais, armador e mariñeiro de artes varias; Mª Teresa Bugallo, mariscadora de San Tomé; Natalia Rodiño, Protésico Dental e profesional do sector sanitario; Xesús Castro, empregado de hostalería e músico en grupos locais; Oscar Paz, albanel e agricultor de Oubiña; Mabel Falcón, Licenciada en Tradución e Interpretación e profesora de idiomas de Vilariño; Juan Carlos Martínez, mariñeiro e armador; e, pechando a lista, Maribel Iglesias, profesora de Xeografía e Historia no Instituto Francisco Asorey.

Dende Somos Cambados queremos expresarlle o noso agradecemento a todos os veciños e veciñas que amosaron a súa vontade e disposición para formar parte da Candidatura de Somos Cambados, a Candidatura de Tod@s.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.