Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de abril de 2015

LUGARES PUBLICOS E LOCAIS OFICIAIS PARA A REALIZACIÓN DE ACTOS DE CAMPAÑA ELECTORAL





LUGARES PUBLICOS E LOCAIS OFICIAIS PARA A REALIZACIÓN DE ACTOS DE CAMPAÑA ELECTORAL E COLOCACIÓN DE CARTEIS E PROPAGANDA ELECTORAL, CON MOTIVO DAS ELECCIONS LOCAIS CONVOCADAS POR REAL DECRETO 233/2015, DE 30 DE MARZO
 De conformidade co establecido nos artigos 56 e 57 da Lei Orgánica 5/85 de 19 de Xuño, de Réxime Electoral Xeneral, polos Concellos que a continuación se expresan foron designados os lugares públicos e locais oficiais que así mesmo se indican, para a realización de actos de campaña electoral e colocación de carteis e propaganda electoral, con motivo das ELECCIONS LOCAIS convocadas por Real Decreto 233/2015, de 30 de marzo, son os seguintes:
CONCELLO DE CAMBADOS
COLOCACIÓN DE CARTEIS DE PROPAGANDA ELECTORAL
Paneis a instalar nos seguintes lugares
Proximidades da Praza de Abastos—Centro de Saúde.
Praza de Fefiñáns.
Alameda de Santo Tome.
Cruce do Ribeiro-Corbillón.
Cruce de O Sineiro-Vilariño
Parques Infantís: Da Avenida de Galicia, A Modia, Os Miñotos, Couto e Oubiña
Fronte ós terreos do Centro de Día-San Tomé.
Cruce na C-550 da Bouza ó Facho-Castrelo.
Complexo Deportivo de O Pombal.
Cruce fronte á Torre do Homenaxe (Avenida Rosalía de Castro).
Cruce de San Antón-Vilariño
En Burgáns-Vilariño (Fronte ó Campo de Fútbol).
Avenida da Coruña.
Praza da Igrexa de Corbillón.
Adro da Igrexa de Vilariño.
Adro da Igrexa de Castrelo.
Adro da Igrexa de Oubiña.
Capela de San Antón-Vilariño
BANDEIROLAS E PANCARTAS
A instalar nos báculos de alumeado publico dás vías seguintes:
Tramo 1 .- Avenida Vilagarcía: desde cruzamento Refoxos-Tragove ata cruzamento Rúa Vilanova de Arousa
Tramo 2 .- Avenida Vilagarcía: desde cruzamento rúa Vilanova de Arousa ata cruzamento con rúa Chileta
Tramo 3 .- Avenida Vilagarcía: desde cruzamento con rúa Chileta ata número 41 de Avenida de Vilagarcía.
Tramo 4 .- Avenida de Vilagarcía: desde numero 41 da devandita avenida a entrada praza Fefiñans
Tramo 5 .- Avenida de Vilariño: desde entrada Pedreira a entrada ó Cruceiro.
Tramo 6 .- Avenida de Vilariño: desde entrada ó Cruceiro a número 66 de Avenida de Vilariño
Tramo 7 .- Avenida de Vilariño: desde numero 66 da Avenida de Vilariño ata o Colexio Magariños.
Tramo 8 .- Avenida de Vilariño: desde colexio Magariños ata a rotonda concello
Tramo 9 .- Avenida de Galicia: desde rotonda Concello a cruzamento Paseo Marítimo.
Tramo 10 .- Avenida de Galicia: desde cruzamento Paseo marítimo a cruzamento rúa Borrón
Tramo 11 .- Avenida de Galicia: desde cruzamento con rúa Borrón a numero 80 de Avenida de Galicia.
Tramo 12 .- Avenida Galicia: desde numero 80 de Avenida de Galicia a numero 102 da devandita Avenida.
Tramo 13 .- Avenida de Galicia: desde numero 102 da devandita avenida a numero 14 da Avenida de Castrelo.
Tramo 14 .- Avenida de Galicia: desde numero 14 de Avenida Castrelo ata numero 52 de devandita avenida.
Tramo 15 .- Avenida de Castrelo: dende numero 52 de Avenida Castrelo ata ponte das Estacas.
Tramo 16 .- Alameda Santo Tome: desde Catro Camiños ata escalinata do Asilo Anciáns.
Tramo 17 .- Alameda Santo Tome: dende escalinata Asilo a inicio peirao de Santo Tome.
Tramo 18 .- Paseo Marítimo: desde cruzamento con alameda de Santo Tome ata antiga fábrica de Peña.
Tramo 19 .- Paseo Marítimo: desde antiga fábrica de Peña a Casa do Mar.
Tramo 20 .- Ribeira de Fefiñans: desde o número 54 rúa Pombal a cruzamento rúa Sevilla.
Tramo 21 .- Ribeira de Fefiñans: desde cruzamento rúa Sevilla a inicio xardíns A Calzada.
Tramo 22 .- Paseo da Calzada: desde inicio Xardíns A Calzada a rotonda do Concello.
Tramo 23 .- Acceso a Porto Tragove: desde cruzamento Ribeira de Fefiñans a inicio recheo Porto de Tragove.
Tramo 24 .- Rúa nova: desde cruzamento con Avenida de Galicia a cruzamento con rúa Campo Verde.
Tramo 25 .- Avda. do Salnés, dende cruce Avda. de Vilariño ata cruce con rúa Valle Inclán.
Tramo 26 .- Avda do Salnés, dende cruce rúa Valle Inclán ata cruce Avda. Rosalía de Castro.
Tramo 27 .- Avda. do Salnés, dende cruce Avda. Rosalía de Castro ata cruce Avda. de Vilagarcia.
Tramos que poderían adxudicarse, as distintas opción políticas que o soliciten, así como nas estradas da Excma. Deputación Provincial seguintes: Fefiñans-Oubiña, Deiro-Tragove, Sineiro-Barrantes, A Bouza-O Facho, Couto de Arriba-Couto de Abaixo, así como nas estradas PO-300 e PO-550 en todo o municipio, con exclusión de tódalas demás rúas e prazas do casco urbano e lugares das parroquias das “bandeiriñas en zig-zag” ou calquera outro tipo de publicidade electoral.
LOCAIS PARA A CELEBRACIÓN GRATUÍTA DE ACTOS
DE PROPAGANDA ELECTORAL
Colexio Público Antonio Magariños Pastoriza, na Avenida Vilariño: de Luns a Venres , de 18 a 21 horas y 150 persoas de capacidade . E o mesmo, Sábados e Domingos de 10 a 20 horas.
Os seguintes centros con mesmos días e horas:
Colexio Público de Castrelo: 200 persoas de capacidade.
Colexio Público Santo Tomé: 200 persoas de capacidade.
Colexio Público Corbillón-Seca: 200 persoas de capacidade.
Colexio Público Vilariño: 200 persoas de capacidade.
Centro Cultural de Castrelo: 200 persoas de capacidade.
Centro cultural de Vilariño: 200 persoas de capacidade.
Centro Social “Gumersindo Márquez Gulías” de Oubiña: 200 persoas de capacidade.
Centro Cultural de Corbillón: 200 persoas de capacidade.
Salón de Congresos e Exposicións “José Peña”, nos mesmos días; en canto as horas das 20:00 en diante; 430 persoas de capacidade (sentados).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.