
Os Socialistas de Cambados a través da sua portavoz, Fatima Abal, veñen de entregar por escrito unha batería de preguntas no Concello.
Diferentes temas que necesitan resposta por parte do Goberno Municipal e de moi variada índole.
Preguntas sobre a negación do Alcalde a dar traslado ó Xuzgado de Contencioso Administrativo número Tres de Pontevedra da documentación requerida polo Grupo Municipal Socialista.
Outras preguntas están relacionadas coa instalación de cámaras de videovixiancia e cal é o motivo polo que se instalaron cámaras na zona de oficinas e mostradores de dentro do Concello e si está a funcionar.
Tamén preguntan os Socialistas polo Complexo Deportivo do Pombal, entre elas si se vai proceder ao arranxo do campo de atrás ou grande, posto que non está homologado.Tamén preguntan pola contratación de 30 persoas e os criterios que se seguiron para facelo.
Cuestións relacionadas coa parroquia de Oubiña que se atopa nun estado lamentabel e abandono.
Algo parecido ao que pasa na parroquia de Vilariño tamén semi abandonada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.